jueves, 28 de noviembre de 2019

DA TÚA ESTADÍA NO NORTE II


Maxina
a túa cabeciña
como o facía a miña,
entre centos de ringleiras,
de almas aldraxadas.
Cae o ceo
coma chumbo,
todo ten un lixeiro
sabor nauseabundo a nada,
case o axeitado,
para seguir a fuxir.
Preto de todo
e de ningures,
nesta longa viaxe
que se alonga
coma unha fraca sombra no solpor,
da túa, da nosa,
cámara
ata o de agora desafeita
a tanta realidade.
Pero non esmorezas,
e brinca por esas rúas
cheas de leccións de vida,
nas que se segue a reconstruir a historia.
Namentres
saloucan por ti as areas da túa Praia,
e algúns
só desexamos comprobar,
que segue intacto,
o belo latexo do teu sorriso.

5 comentarios:

  1. Bonitos versos para levantar o ánimo, aínda nos momentos nos que parece que non sexa posible

    Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En todas as singraduras hai un anaco de desacougo, forma parte desta acumulación de experiencias que é a vida. Apertas.

      Eliminar
  2. A realidade golpea forte.
    Que nunca nos falten os versos
    e o sorriso.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Un fermoso poema ... unha fermosa linguaxe ...
    Unha aperta!!!

    ResponderEliminar
  4. gracias por tu comentario Me has hecho sonreir
    escribes muy bell desde dentro de tu sentir

    ResponderEliminar