jueves, 24 de octubre de 2019

DA TÚA ESTADÍA NO NORTE

Marchaches un outono
alí onde vai tanto frío
que a soedade berra co medo
e xuntos conxelan o mar.

Atravesas chairas
nas que o tren é un foraxido
e as altaneiras casetas de madeira
nin te saúdan.

Rúas espidas de xente,
o canso gris no ceo,
nos edificios calados,
contaminando os días
que non fuxen do reloxo,
e fame de luz
entre as tellas da morriña,
de apertas,
e de camiños coñecidos.

6 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Escritor e unha palabra que me queda moi grande. Pero Grazas polo teu tempo. Apertas.

      Eliminar
  2. Os últimos catro versos caláronme moito, como si mirase un autorretrato. E digo últimos e non derradeiros porque véxoos como o principio dun novo poema...

    A curiosidade, non sei ben por qué, tróuxome ata aquí. E doulle as grazas.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti, pois é unha mágoa que os puxera de últimos no poema logo. Apertas a túa curiosidade.

      Eliminar
  3. Pegadiña a pel
    a nosa morriña.
    Un precioso canto
    de outono.

    Un cordial saudo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi agradecido Marisa, un canto a unha amiga que anda fora. Apertas.

      Eliminar