“Mentres os teus pés pisen a nosa
terra, non che me sexas furado” (XDR)
Adoecemos de ter espazos
que necesitan ser enchidos, furados, que se volven a encher coa xente
que fai a súa achega en forma de presenza, buratos, coma os que
deixa ela, que non vai, ni quere, nin debe voltar, buracos, que son
feridas de cravos enferruxados que acentúan a saudade, ocos, que
deixaron persoas que se foron e que ninguén os pode cubrir, furados
baldeiros que arrepían e abandonan os nosos corazóns a intemperie
cruenta destas datas.
E tamén, furados, que
poden ser tapados, aínda que sexa só por uns intres, co sinxelo
sorriso dun neno, co aceno dunha mai, co abrazo dun amigo ou coa
bontade dun estraño.
Bo Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario