Adicado a Diego
Sabes que
existo,
porque
sigo na túa mente,
quedo,
borroso, nevoento
e serio
coma sempre.
Sabes
canto debezo,
e
miráchesme sufrir,
bébedo da
túa lixivia,
sen beizos
que ulir.
Sabes como
esquecer,
as bágoas
das brétemas,
os
espellos noxentos,
as
corredoiras cegas.
Sabes a
vento
que berra
polas rúas,
a pó de
ouro
afincado
nas unllas.
Sabes a
medo
brincando
polos osos,
cando miro
que non te teño,
e
perdidamente choro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario