jueves, 28 de noviembre de 2019
DA TÚA ESTADÍA NO NORTE II
Maxina
a túa cabeciña
como o facía a miña,
entre centos de ringleiras,
de almas aldraxadas.
Cae o ceo
coma chumbo,
todo ten un lixeiro
sabor nauseabundo a nada,
case o axeitado,
para seguir a fuxir.
Preto de todo
e de ningures,
nesta longa viaxe
que se alonga
coma unha fraca sombra no solpor,
da túa, da nosa,
cámara
ata o de agora desafeita
a tanta realidade.
Pero non esmorezas,
e brinca por esas rúas
cheas de leccións de vida,
nas que se segue a reconstruir a historia.
Namentres
saloucan por ti as areas da túa Praia,
e algúns
só desexamos comprobar,
que segue intacto,
o belo latexo do teu sorriso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Bonitos versos para levantar o ánimo, aínda nos momentos nos que parece que non sexa posible
ResponderEliminarUnha aperta
En todas as singraduras hai un anaco de desacougo, forma parte desta acumulación de experiencias que é a vida. Apertas.
EliminarA realidade golpea forte.
ResponderEliminarQue nunca nos falten os versos
e o sorriso.
Unha aperta
Un fermoso poema ... unha fermosa linguaxe ...
ResponderEliminarUnha aperta!!!
gracias por tu comentario Me has hecho sonreir
ResponderEliminarescribes muy bell desde dentro de tu sentir