lunes, 7 de diciembre de 2020

UN CARBALLO PARA XOÁN

Unha landra enfeitizada
que se bicou coa terra.
Un carballo para Xoán
e un anaquiño de leira.
 
Un carballo para Xoán,
que resista a máis forte das saraibas,
que o protexa da solleira
e acubille esperanza.
 
Un carballo para Xoán
onde aniñen paixón e desexos,
e soños que aprederán a voar
con cadanseu latexo.
 
Un carballo para Xoán,
de caste castrexa,
zume de morriña
e polas de mar.
 
Un carballo para Xoán,
e un anaquiño de leira,
cos seus aneis de memoria
onde arar primaveras.