viernes, 29 de abril de 2016

QUE VEN A PRIMA VERA


Teño novas,
despois de tanta espera,
disque ven a prima,
unha tempada de visita,
disque ven a prima Vera,
que ven de visitala Arxentina,
disque ven cruzando o mar,
nun barco xigante,
tirado polas chuponas,
que capturou cando volvían do Sargazos.

Disque trae con ela,
sementes boas para a colleita,
disque ven todos os anos,
para abrir o ceo e traer os paxaros,
seica de polisón a bordo,
tamén ven Cupido,
e que nadie o pode ver,
a pesar de non estar escondido.

2 comentarios:

  1. Cupido es un capullo...
    De rosa...envejecido... que distfruta tirando petalos sobre estòmogos que hacen cosquillas.
    Les llaman mariposas, pero ellas van a ...conquistar ; en verdad, su rosa.

    Abrazo☆

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cupido é unha pantasma que sufriu en vida máis do que todos os namorados sufriron, por eso tenta de vingarse e ir namorando á xente. Apertas.

      Eliminar