¡
Pode pasar !
que
pases, que pase, que pasen de todo
que
só vivas para brincar e botar un grolo,
pode
pasar.
¡
Pode pasar !
que
sexas
ti o que faga de suplente,
ou
que non o intentes,
e o que o intente que leve nos dentes,
pode que podería
que pudiera pasar.
Pode
pasar, e se pode pasar, pasará.
Pode
pasar, que as frores biquen os coitelos,
pode
pasar, que caian as lousas dos cruceiros,
pode
pasar, que a teima che tire dos pelos,
pode
pasar, que non queiras despertar dese pesadelo,
no
que te fas amigo íntimo do demo.
¡Pode
pasar!
pode pasar, que revente a presa,
que retén a miña
xenreira,
esnaquizando todo ao seu paso,
queira deus ou non
queira,
pode
pasar.
¡Pode pasar!
pode pasar, que decaia o ánimo,
e
a bravura se vaia esvaecendo,
na
néboa pecha dun global desalento,
pode pasar.
¡Pode
pasar!
pode pasar, que ter ideais,
sexa
visto coma un exceso de fachenda,
e
non me deixen voltar ao rabaño,
o
resto das ouvellas.
E
como che iba dicindo se pode pasar, pasará,
que
pase ou que non pase, tamén esta na túa man.