Iste
meu sentir,
que
dende que son sento,
eche
un amor, un querer,
que
ás veces, a demasía, vira a lamento.
Un
querer pecho e denso,
coma
unha longa noite de inverno,
que
sala a miña artesa de sentimentos,
deixando
intacto e protexido,
o
pulo herdado da saudade.
Saudade
que se agocha,
que
só aflora,
ao
escoitar o rumor da nosa fala,
ou
ao albiscar o accidentado verde,
da
nosa belida e inesquecible paisaxe.
Aínda
que non canse a pena,
na
súa penitencia de penar,
cando
a oleaxe te envolve,
nin
deixe deprimidamete de bater no chan,
a
chuvieira bébeda de carraxe.
Camiño na memoria,
roteiros de toxos
e de xestas brincadeiras,
soño que adiviño a ollar vistas,
dende o refuxo do alto do monte.
Sobrevoo a serpe que labra o río,
e que ten a ría por cabeza,
e aterro nunha praia para sentirme faro,
peiteado a diario polo ar,
coma inpertérrita testemuña,
da insondable riqueza,
que atesoura o mar.
Canto máis fermosa soa a nosa inquedanza en galego :) Moi bonito, bicos.
ResponderEliminarMoitas grazas Rocío, nunca deixes de escribir nese fabuloso blog
ResponderEliminarEnamorarse en gallego es vivir san juan entre arena y versos.
ResponderEliminarBesar las orillas de cada acnrilado como cuevas de una amante que despierta tus propios encantos. Galicia tiene una magia bajo lluvia y orbayu que besa la piel y pinta en ella imaginarios.
Abrazo☆
Moitas grazas, no podemos esquecer as fragas, os ríos, os montes e as praias, todo iso e ademáis a maxia. Unha aperta e grazas.
Eliminar